Entradas

17 de Maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Si algo sabemos na nosa aula é que cando temos que emigrar botamos de menos a nosa terra, este sentimento nos galegos, e en Galicia, coñécese como morriña. Unha das palabras máis características da nosa terra e que a calquer/a galego/a lle produce felicidade escoitar. Na clase indagamos sobre algunas palabras propias do galego, realmente o facemos todos os días, e nun mural colocamos as que nos resultaron máis fermosas.

DÍA DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL

Imagen
Como moit@s sabedes, dende o mes de Xaneiro levamos traballando nun proxecto que nos emocionou moitísimo, a nosa radio interxeracional. Gracias a mesma conseguimos convivir en sociedade, aumentando as nosas competencias intrapersoais e interpersoais. Ó mesmo tempo tamén desenvolvemos a competencia lingüística, e traballamos diversos contidos educativos e sociais como o respeto polas persoas maiores, rachando algún dos estereotipos que puidera haber, a igualdade entre xéneros, o acosos escolar ou  a interculturalidade. Se temos que seguir numerando os beneficios desta actividade probablemente teriamos que sacar esta publicación por capítulos, ou máis ben por tomos, polo que imos a quedarnos co fondo carácter emocional da actividade, que se puido captar no momento das despedidas e co pedazo de programa de radio que elaborou o alumnado e as persoas maiores que colaboraron. Entrevista a Eladia Cabanas (Directora do colexio) en radio Culleredo: Entrevista a Francisco Ro...

ENTREVISTA ROSALYNDA HOMES

Imagen
Dende a nosa aula levamos todo o curso traballando a interculturalidade, a migración e o respeto polas diferentes culturas. Dentro deste marco, e aproveitando os nosos coñecementos de radio, realizamos una entrevista moi especial. A entrevistada foi Rosalynda Homes, nai de Valeria e Vicente e procedente de Venezuela, aínda que cun amplo historial de emigracións e con raíces galegas. Destacar especialmente a importancia que lle outorgan a aprender un novo idioma como é o galego e ó descubrimento das súas raíces. A continuación deixamos o podcast da enrevista e alguns recordos gráficos. Moitas grazas Rosalynda.

VISITA DAS XOGADORAS DO ABANCA R.C.DEPORTIVO

Imagen
Como moit@s de vos sabedes o noso grupo atópase realizando un programa de radio, co cual estamos inmensamente motivad@s. Sen dúbida traballar na radio é unha boa ocasión para coñecer grandes persoas e personalidades. Neste caso achegáronse ó CEIP Vila de Rutis as XOGADORAS DO DEPORTIVO Alba Merino e Iris Arnaiz. O motivo da visita era ser entrevistadas pol@s nos@s periodistas interxeracionais, pero tamén aproveitamos para conseguir os seus autógrafos e decatarnos do importante que é compaxinar os estudios coas actividades de lecer.

FALAMOS PARA A RADIO

Imagen
Co motivo da nosa participación na Radio Interxeracional, recibimos a visita dos nosos "compañeiros" de Radio Culleredo, que nos entrevistaron para coñecer as nosas impresións sobre a experiencia que estamos a desenvolver.

#8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Imagen
Despois dun días de entroido voltamos as clases cunha excepcional oportunidade para volver a tomar conciencia da importancia da muller na sociedade e das moitas discriminacións que históricamente sufriron, e que en ocasións aínda padecen. Comezamos traballando na nosa radio interxeracional estas situacións, e nun contexto máis específico dentro do concello de Culleredo, entrevistando a unha traballadora dos servicios sociais do axuntamento, que nos explicou as características do seu traball0o e as súas satisfaccións. Posteriormente Zinthia Álvarez, axudounos a comprender mellor o  papel da muller na ciencia e realizamos un fermoso mural que se pode consultar na planta baixa do centro

ENTROIDO

Imagen
Despois de pasar tantas horas investigando sobre inventos, e sobretodo sobre grandes inventoras, tocou o momento de conmemorar o Entroido, toda unha festa de gran tradición en Galicia, na que nós rendímoslle homenaxe a esas grandes inventoras cos noso disfraces. Pero como non todo vai ser disfrazarse e comer, tamén amosamos un pouco da nosa arte cunha coreografía que nos salíu PERFECTA!!