25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Cando imos ó colexio todos os días, algúns e algunhas pasamos por diante dun cartel xigante que fai referencia ó 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de Xénero. Nós estamos en contra de calquera tipo de violencia, damos por feito que todos somos diferentes, e por iso é divertido atoparnos, xogar entre nós e falar (se tod@s as persoas foran iguais non sería o mesmo). Por esta razón sempre loitaremos para que esta violencia desaparezca. Como somos un grupo moi unido, entre todos buscamos información da orixe desta celebración, que casualmente ten a súa orixe en Sto. Domingo, de onde temos moitos compañeiros no colexio e incluso na clase. Deste modo premendo na imaxe pódese consultar toda a información que consultamos e coa que elaboramos un comic.