Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

VISITA DAS XOGADORAS DO ABANCA R.C.DEPORTIVO

Imagen
Como moit@s de vos sabedes o noso grupo atópase realizando un programa de radio, co cual estamos inmensamente motivad@s. Sen dúbida traballar na radio é unha boa ocasión para coñecer grandes persoas e personalidades. Neste caso achegáronse ó CEIP Vila de Rutis as XOGADORAS DO DEPORTIVO Alba Merino e Iris Arnaiz. O motivo da visita era ser entrevistadas pol@s nos@s periodistas interxeracionais, pero tamén aproveitamos para conseguir os seus autógrafos e decatarnos do importante que é compaxinar os estudios coas actividades de lecer.

FALAMOS PARA A RADIO

Imagen
Co motivo da nosa participación na Radio Interxeracional, recibimos a visita dos nosos "compañeiros" de Radio Culleredo, que nos entrevistaron para coñecer as nosas impresións sobre a experiencia que estamos a desenvolver.

#8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Imagen
Despois dun días de entroido voltamos as clases cunha excepcional oportunidade para volver a tomar conciencia da importancia da muller na sociedade e das moitas discriminacións que históricamente sufriron, e que en ocasións aínda padecen. Comezamos traballando na nosa radio interxeracional estas situacións, e nun contexto máis específico dentro do concello de Culleredo, entrevistando a unha traballadora dos servicios sociais do axuntamento, que nos explicou as características do seu traball0o e as súas satisfaccións. Posteriormente Zinthia Álvarez, axudounos a comprender mellor o  papel da muller na ciencia e realizamos un fermoso mural que se pode consultar na planta baixa do centro

ENTROIDO

Imagen
Despois de pasar tantas horas investigando sobre inventos, e sobretodo sobre grandes inventoras, tocou o momento de conmemorar o Entroido, toda unha festa de gran tradición en Galicia, na que nós rendímoslle homenaxe a esas grandes inventoras cos noso disfraces. Pero como non todo vai ser disfrazarse e comer, tamén amosamos un pouco da nosa arte cunha coreografía que nos salíu PERFECTA!!