Gracias ó Concello de Culleredo e a colaboración da ANPA do centro puidemos desfrutar dunha fantástica xornada de patinaxe, onde aprendimos a caer, levantarnos, pero sobrtodo a desfrutar deste deporte tan navideño.
Como moit@s sabedes, dende o mes de Xaneiro levamos traballando nun proxecto que nos emocionou moitísimo, a nosa radio interxeracional. Gracias a mesma conseguimos convivir en sociedade, aumentando as nosas competencias intrapersoais e interpersoais. Ó mesmo tempo tamén desenvolvemos a competencia lingüística, e traballamos diversos contidos educativos e sociais como o respeto polas persoas maiores, rachando algún dos estereotipos que puidera haber, a igualdade entre xéneros, o acosos escolar ou a interculturalidade. Se temos que seguir numerando os beneficios desta actividade probablemente teriamos que sacar esta publicación por capítulos, ou máis ben por tomos, polo que imos a quedarnos co fondo carácter emocional da actividade, que se puido captar no momento das despedidas e co pedazo de programa de radio que elaborou o alumnado e as persoas maiores que colaboraron. Entrevista a Eladia Cabanas (Directora do colexio) en radio Culleredo: Entrevista a Francisco Ro...
Despois de pasar tantas horas investigando sobre inventos, e sobretodo sobre grandes inventoras, tocou o momento de conmemorar o Entroido, toda unha festa de gran tradición en Galicia, na que nós rendímoslle homenaxe a esas grandes inventoras cos noso disfraces. Pero como non todo vai ser disfrazarse e comer, tamén amosamos un pouco da nosa arte cunha coreografía que nos salíu PERFECTA!!
Co motivo da nosa participación na Radio Interxeracional, recibimos a visita dos nosos "compañeiros" de Radio Culleredo, que nos entrevistaron para coñecer as nosas impresións sobre a experiencia que estamos a desenvolver.
Comentarios
Publicar un comentario